Distribuidores e aplicadores homologados
Polibreal
Somos distribuidores e aplicadores homologados de POLIBREAL, o único sistema líquido bituminoso de aplicación en quente con Documento de Idoneidade Técnica Europeo e marcado CE no mercado.
O Polibreal é un sistema de impermeabilización de cubertas aplicado en forma líquida constituído por mástico bituminoso máis unha lámina externa de reforzo. Unha vez xelificado por quentamento en obra e extendido, conforma un revestimento elástico, en forma de capa totalmente adherida ao soporte (formigón, morteiro…), continua e impermeable á auga, ao vapor e á humidade, cun espesor mínimo de 3,5mm en capa de 5 kg/m2.
A súa formulación consiste nun balance óptimo de resinas vinílicas, alquitrán e diversos aglutinantes minerais inertes.
Características do Polibreal
- Gran adherencia sobre soportes constituídos polos distintos tipos de forxados de formigón.
- Adáptase e adhírese a calquera forma do soporte e puntos singulares (elementos de PVC, EPDM, metálicos, formigón, ladrillo, morteiro...)
- Forma unha lámina continua sen soldaduras nin solapes, elástica e totalmnte estanca.
- Vólvese unir ao partirse ou perforarse.
- Non licúa nin desliza a elevadas temperaturas nin rompe co frío. Válido para zona climática severa.
- Resistente ao punzamento.
- Resistente aos microorganismos e á perforación por raíces.
- Resistente a augas alcalinas e ácidas así como a augas de elevada salinidade.
- Non é atacable por gasolina e fuel.
- Válido para pendentes de 0% a 27%.
Ficha técnica completa de POLIBREAL
Sistema do Polibreal
O sistema de impermeabilización POLIBREAL ® cumpre as esixencias básicas establecidas no CTE (DB-HS1).
Dispón do marcado CE e do DITE 07/0131, o cal foi realizado con acordo á Guía Técnica Europea ETAG 005, Parte 1 “Xeral” e Parte 5 “Condicións específicas para sistemas baseados en betumes modificados con polímeros aplicados en quente”.
Impermeabilización POLIBREAL
O sistema de Certificación da Conformidade é do tipo 3. A súa posta en obra está recollida no Dossier Técnico do Fabricante (MTD) e tamén está contemplada na norma UNE 104400-6.
Os ensaios iniciais de tipo do sistema de impermeabilización POLIBREAL ® son os realizados polo IETcc para a concesión do DITE.
Propiedades e características técnicas
Característica | Método de ensaio | Tolerancia/Resultado |
Densidade relativa a 30ºC (g/cc) | 104281/1-2 | 1,25 – 1,48 |
Viscosidade BRTA a 35oC, 4mm (s) | 104281/2-2 | 70 – 350 |
Contido en cinzas (% en peso) | 104281/1-7 | 20 – 35 |
Característica | Método de ensaio | Tolerancia/Resultado |
Punto de reblandecemento (anel e bola) (ºC) | UNE-EN 1427 | 84 – 98 |
Penetración a 25ºC, 150g, 5s (0’1 mm) | UNE-EN 1426 | 90 – 225 |
Fluencia a 60ºC (mm) | 104281/4-3 | ≤ 1 |
Plegabilidade a -15ºC | UNE-EN 1109 | Ningunha das 10 probetas ensaiadas se agretou cando se dobraron un ángulo de 90º sobre un bordo redondeado de 12’5mm de radio de curvatura. |
Perda por quentamento (5h, 163ºC) | 104281/1-11 | 2’9% |
Deformación remanente por tracción (comportamento elástico) | Anexo A 104232/2 | 0%, por tanto, o material ensaiado Polibreal recupera o 100% da súa lonxitude inicial, despois de ter sido deformado por un esforzo de tracción. |
Resistencia á perforación por raíces | UNE 53420 | Non se observa perforación por raíces en ningunha das probetas ensaiadas. |
Resistencia aos microorganismos | UNE-EN 846 | A intensidade de crecemiento tanto no caso das bacterias como no dos fungos é de orde cero (0), dado que o Polibreal non é un bo medio de cultivo para os microorganismos e actúa como inerte ou como bacteriostático e funxistático. |
Envellecemento acelerado UV – Condensación | UNE 48251 | Tralo ensaio, a plegabilidade a 0ºC é satisfactoria e non se observan bochas, fisuras ou cuarteamento do mástico. |
Resistencia á agua de elevada salinidade (45 por mil) a 60ºC durante 168h | ISO 6072 | O Polibreal conserva as súas propiedades iniciais de dureza, aspecto, resistencia á tracción, alongamento e á rotura. |
Adherencia a bloques de morteiro. Tras 5 ciclos de separación a -18ºC e compresión a 23ºC, a velocidade 0,05 mm/min.: * antes de inmersión * tras sumerxir en fuel 48h | UNE 104281/4-4 | *Satisfactorio. *Satisfactorio. |
Propiedades | KIT | Método de ensaio | Resultado | |
Propagación do lume | PrEN 1187 | NPD | ||
Reacción ao lume | PrEN 13501 | Categoría F | ||
Permeabilidade ao vapor de auga | Monocapa | EN 1931 | μ = 29.600 | |
Estanqueidade | Monocapa | EOTA TR-003 | Estanco | |
Liberalización de substancias perigosas | – | Non libera substancias perigosas | ||
Punzonamento dinámico (23ºC) | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-006 | I4 | |
Punzonamento estático (23ºC) | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-007 | L4 | |
Resistencia ao movemento de fatiga (-10ºC, 500 ciclos, W2) | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-008 | APTO | |
Resistencia a baixas temperaturas (-10ºC, TL2)) | Punzonamento dinámico | Monocapa e Multicapa | – | I4 |
Flexibilidade | EOTA TR-006 | -10ºC | ||
Resistencia a altas temperaturas (60ºC, TH2) | Punzonamento estático | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-007 | L4 |
Deslizamento(mm) | – | 0 | ||
Resistencia ao calor (200 días a 70ºC, W2) | Resistencia á fatiga (-10ºC, 50C) | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-011 | APTO |
Punzonamento dinámico (-10ºC,TL2) | I4 | |||
Flexibilidade | -10ºC | |||
Resistencia á auga quente (180 días a 60ºC) | Flexibilidade | Monocapa e Multicapa | EOTA TR-012 | -10ºC |
Punzonamento estático (60ºC) | L4 | |||
Resistencia áss raíces das prantas | Monocapa e Multicapa | UNE 53420 | APTO | |
Deslizamento | SS 92 35 15 (2) | NPD | ||
Efectos dun quentamento prolongado (140ºC, 60 min.) | Penetración a 50ºC (0,1mm) | CAN/CGSB 37.50-M 89, Apdo 4.2 | 220 | |
Fluencia a 60oC (mm) | CAN/CGSB 37.50-M 89, Apdo 4.3 | 1 |
Nunca máis humidades
Diagnosticamos os teus problemas de humidade e ofrecémoste unha solución personalizada. Contacta connosco e sen compromiso informámoste dos nosos traballos de impermeabilización ou sobre o Polibreal.