Nisto somos expertos

Impermeabilización

Imagen de un obrero de Imperfreire subido a un tejado, con arnés y casco. El obrero está impermeabilizando un canalón.

Humidades e filtracións

Contamos cun equipo técnico especializado no diagnóstico e solución de problemas de humidade e filtracións de auga.

Unha vez detectada e analizada a causa do problema podémoste ofrecer a solución que mellor se adapte ao teu caso para garantizar que recuperes un entorno seco, confortable e definitivamente libre de humidades

Todo este proceso realízase de xeito gratuíto e sen ningún compromiso pola túa parte.

Unha solución definitiva

Podémoste garantizar unha solución definitiva aos problemas de humidade ou filtración de auga en fogares, comunidades de veciños, centros de traballo, garaxes, piscinas, muros, canalóns, naves industriais, sotos… en definitiva en calquera lugar onde a humidade sexa un problema.

Para cada proxecto realizamos un estudo das necesidades particulares e asesorámoste para dar coa mellor solución.

Contacta agora connosco e un dos nosos técnicos realizará un diagnóstico gratuíto e personalizado para o seu caso particular.

En la imagen se ve un canalón de agua mientras está lloviendo.

Preguntas frecuentes

Realizamos impermeabilizacións en toda Galicia.

Si. Aínda que en ocasións as causas dunha humidade poidan parecer evidentes a primeira vista é necesario asegurarse. A auga ten un comportamento moi particular cando se introduce nas estruturas arquitectónicas e a visita dun técnico especializado é o único xeito de garantizar un estudio completo e realmente fiable da situación. En ImperFreire garantizamos a solución completa e definitiva dos problemas de humidade e para poder ofrecer esta garantía necesitamos coñecer en profundidade o teu caso concreto. Un dos nosos técnicos desprazarase ao lugar do problema sen ningún custo para ti.

Na maioría dos casos si, pero en ocasións pode ser preciso realizar probas adicionais. Estas probas non terán ningún custo para ti e poden incluír toma de fotografías da zona afectada, recollida de mostras de mofo ou da parede deteriorada, medición de humidade en diversos puntos da estrutura, revisar o estado da cuberta e os canalóns… Ningunha das probas que poden ser necesarias produce desperfectos nin ningún tipo de marca visible. Nos casos en que algunha destas probas adicionais sexa necesaria o noso equipo técnico pode tardar un ou dous días como máximo en comunicarlle o resultado. Precisamos estar seguros ao 100% das características do problema para poder darlle unha solución realmente efectiva e garantizada.

Non. Non pagarás nada pola visita nin o diagnóstico. Realizamos un diagnóstico do teu problema totalmente gratuíto incluso se temos que realizar probas complementarias.

Depende de moitos factores como a complexidade do problema ou o tamaño da edificación. En termos xerais pode levar dende 20 minutos en casos moi claros ata unha hora ou hora e media se hai que facer unha revisión máis profunda.

O noso técnico explicarache cal é a solución máis axeitada para o teu caso e enviaralle inmediatamente os datos ao noso equipo de impermeabilización. Con estes datos realizaremos un orzamento personalizado para que saibas  exactamente cal sería o prezo que podemos ofrecerche para solucionar definitivamente o problema.

Os nosos orzamentos reflexan sempre todas as actuacións que son necesarias e o prezo definitivo. Non atoparás nunca sorpresas, sobrecustos ou gastos que non estean incluídos.

En absoluto. O orzamento non supón ningún tipo de compromiso pola túa parte. Ata o momento en que decidas que queres que realicemos a impermeabilización non terás ningún gasto nin compromiso.

Non. Como podes ver na nosa web, en ImperFreire somos aplicadores homologados de Polibreal, pero aplicamos todo tipo de solucións impermeabilizantes. En cada caso utilizamos o sistema de impermeabilización máis axeitado para o teu problema particular. O feito de ser aplicadores homologados de Polibreal habilítanos para utilizar este sistema, para o cal é necesario ter personal especialmente habilitado, pero non excluímos ningunha outra opción. Sempre ofrecemos a opción que mellor se adapte ao teu caso para poder garantizarte unha solución completa e definitiva.

Ponte en contacto connosco a través do formulario de contacto ou os nosos teléfonos.

Nunca máis humidades

Diagnosticamos os teus problemas de humidade e ofrecémoste unha solución personalizada. Contacta connosco e sen compromiso informámoste dos nosos traballos de impermeabilización ou sobre o Polibreal.